tres insuas audiovisuais

Historias que deixan pegada

Máis que audiovisual

En Tres Insuas Audiovisuais entendemos cada proxecto como unha oportunidade para emocionar, conectar e deixar unha pegada duradeira.

Traballamos con institucións, empresas, artistas e organizacións creando pezas que combinan unha narrativa sólida, unha identidade visual recoñecible e unha produción coidada ata o último detalle.

Non buscamos só crear imaxes. Buscamos contar historias que permanezan.

unha mirada propia

A través da imaxe, o son e a narrativa creamos documentais, videoclips, campañas e eventos cunha identidade visual recoñecible e un coidado especial por cada detalle.

Cada plano, cada son e cada decisión creativa forman parte dunha mesma intención: construír pezas honestas, emocionantes e cunha identidade propia.

la intensidad

Un podcast producido por Tres Insuas Audiovisuais e presentado por Julia Escobar onde artistas, deportistas e persoas vinculadas á cultura comparten conversacións pausadas arredor do tempo, da creación e da experiencia humana.

dúas miradas

unha mesma linguaxe

Tres Insuas nace da unión das traxectorias de Lucas Terceiro e Paula Cereixo, dous perfís complementarios que comparten unha mesma forma de entender o audiovisual.

Dirección, produción, comunicación e creación únense para desenvolver proxectos cunha visión global, adaptándose ás necesidades de cada historia sen perder nunca a identidade.

Scroll al inicio